Evangelino Otero Otero, coñecido como Lino Otero, nado nas Pontes de García Rodríguez, é un ex piloto de rallys galego.
Traxectoria
Competiu durante anos no Campionato de España de Rallys e no Campionato de Galicia de Rally. En 1983 quedou primeiro na División V do Campionato de España.[1] Nos seguintes tres anos disputou cun Opel Corsa SR a Copa Corsa, tamén do nacional, rematando quinto, segundo e terceiro respectivamente.[2] En 1985 quedou ademais cuarto na Copa de España de Rally, só por detrás de Carlos Alonso Lamberti, Marc Etchebers e José Mora.[3]
En 1987 e 1988 correu cun Renault 5 GT Turbo a Copa Renault do Campionato de España, acabando en terceira e en cuarta posición.[4] Ese último ano logrou ademais subir ao podio en segunda posición no 17º Rally da Coruña. En 1990 quedou oitavo na Copa de España,[5]
É pai do tamén piloto Antonio Otero.[6]
Notas