Lino Carrión Castilla, nado en Valladolid en 1914 e finado na Coruña o 7 de marzo de 1938, foi un sindicalista español.
Traxectoria
Fundidor afiliado á CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 deulle refuxio na súa casa a Luís Costa García. Agardaron a oportunidade de fuxir nun pesqueiro en dirección a Asturias para integrarse na resistencia. Un destes intentos, que tivo lugar na noite do 3 de marzo de 1937 nas proximidades do Porto de San Pedro na Coruña, resultou abortado pola intervención da Garda Civil. Moitos anarquistas foron detidos nesa ocasión. Lino Carrión conseguiu fuxir pero foi detido por unha confidencia con dous compañeiros libertarios, Luís Costa García e Secundino Rodríguez Eiras o 1 de xullo de 1937 cando preparaban unha nova fuga nun bou cara a zona leal. Ingresou no cárcere da Coruña. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión militar con Luís Costa García e Secundino Rodríguez o 9 de outubro,[1] e condenado a pena de morte. Foi executado na Coruña o 7 de marzo de 1938 xunto con José Feito García, Aquilino Parapar Franco, Luis Ardao López, Alfonso Castrillo López e Andrés Pérez Adega.[2]
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 10-10-1937, p. 10.
- ↑ El Compostelano, 8-3-1938, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas