A linguaxe socializada é a linguaxe que ten como función a comunicación.
Características
Jean Piaget defende que arredor dos 7/8 anos. Este cambio, que indica unha nova fase no desenvolvemento da linguaxe, precede ó desenvolvemento cognitivo, e maila que o seu pensamento é aínda egocéntrico, coa linguaxe socializada vaise producindo unha socialización paralela dos procesos cognitivos.
Piaget clasifica a linguaxe socializada en cinco categorías:
- Información adaptada: o neno logra acceder ó punto de vista do interlocutor e trata de influír nel; esta primeira fase posúe un valor transicional.
- Crítica: o neno comenta e xulga o traballo e a conduta dos demais, cun carácter máis efectivo ca racional.
- Mandatos, rogos, ameazas.
- Preguntas.
- Respostas: mostra disposición para dar resposta, á vez que para solicitala.
Se ben para Piaget o proceso de desenvolvemento da linguaxe vai do individual ó social, indicando a superación do egocentrismo, pola contra para Lev Vygotski a secuencia é a oposta. Para Piaget a linguaxe socializada só é posible despois da linguaxe egocéntrica. Pola contra, para Vygotski a linguaxe é social na súa orixe, e é condición previa para o discurso egocéntrico. Primeiro produciríase unha función comunicativa, e a partir dela, distinguiríase unha forma de linguaxe privada, primeiro egocéntrica e posteriormente interior, que permitiría a regulación
Véxase tamén
Outros artigos