Lighthouse X (pronunciado "Lighthouse Ten") é unha banda dinamarquesa formada por Søren Bregendal, Johannes Nymark e Martin Skriver. Representarán a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia, coa canción "Soldiers of Love".[1]
Carreira
2014-15: Lighthouse X
O 13 de outubro de 2014 Lighthouse X lanzaron o seu sinxelo debut "Kærligheden kalder". A canción chegou ao número 37 na Danish Singles Chart. Após lanzar o seu segundo sinxelo, "Hjerteløst", a banda lanzou o seu primeiro EP "Lighthouse X" o 16 de febreiro de 2015. O 16 de abril de 2015 lanzaron o sinxelo "Nattens gløder".
2016-actualidade: Eurovisión
En febreiro de 2016, a banda formou parte dos artistas do Dansk Melodi Grand Prix 2016, a competición que escolle ao representante dinamarqués de Eurovisión. A canción da banda, "Soldiers of Love" conseguiu o 42% do voto do público. Eles cantarán na segunda semi-final do Festival de Eurovisión 2016 o 12 de maio de 2016.
Discografía
Álbums
Sinxelos
Notas