A Liga Europea de hóckey a patíns 2021/22 é a 57ª tempada do principal torneo de hóckey a patíns de Europa, organizado polo WS Europe.
A edición estivo marcada pola ausencia de todos os grandes clubs de hóckey a patíns de Europa.
Antecedentes
Aproveitando a disputa en Luso (Portugal) da final a catro da Liga Europea masculina 2020/21 durante os días 15 e 16 de maio, os representantes da Asociación Europea de Clubs de Hóckey a Patíns (coñecida polas súas siglas en inglés "EHCA") e dos comité de hóckey a patíns da World Skate mantiveron unha reunión para comezar a traballar conxuntamente na nova edición da máxima competición continental de hóckey a patíns, co obxectivo de mellorala e profesionalizala, así como darlle unha maior visibilidade á modalidade.[1]
Segundo os clubs da EHCA, a necesidade de modificar a Liga Europea obedecía á difícil situación económica do hóckey a patíns europeo, en palabras do portavoz da Asociación, Toni Miró:[2]
“
|
A nós cústanos cartos xogar en Europa. Gastamos nos desprazamentos mais non temos ningún ingreso
|
”
|
— Toni Miró
|
Dous meses despois desta primeira reunión, durante a Asemblea Xeral da EHCA celebrada o 16 de xullo, os clubs membros da EHCA acordaron por unanimidade non inscribirse na Liga Europea 2021/22. Nun comunicado emitido o 26 de xullo sinalábase que logo de celebrarse varias reunións entre a asociación, o WSE-RH e o WSRH, o comité europeo de hóckey a patíns non se pronunciara sobre o recoñecemento da EHCA como coorganizador, como solicitara na derradeira reunión o 21 de xullo, nin dera a coñecer as características da nova edición da máxima competición do hóckey a patíns europeo. Neste punto semellaba que a EHCA organizaría a súa propia competición en setembro integrada polos clubs membros, así como aqueles que gañaran a súa participación por méritos deportivos.[3]
Con todo, as conversas continuaron e logo dunha reunión telemática celebrada o 29 de xullo, e na que participaron o Director de Sport Departmente de WS Francesco Zangarini, o Director de WS-RHTC e presidente de RFEP Carmelo Paniagua, o Director de WSE-RHTC Agostinho da Silva, o presidente da FPP, e o Presidente da EHCA Joao Nuno Araujo, a situación mudou. Todas as partes chegaron a un acordo sobre o modelo de competición para a Liga Europea 2021/22, na que participarían un máximo de 16 equipos en dous grupos de oito equipos cun formato de liga todos contra todos a dobre volta con partidos disputados os xoves, finalizando cunha final a oito na que participarían os catro mellores equipos de cada grupo. A inscrición de máis equipos na competición obrigaría a programar unha fase previa. A EHCA confiaba que o diálogo permitira chegar a un acordo definitivo para traballar conxuntamente na organización da máxima competición do hóckey a patíns continental.[4][5]
Lonxe de chegarse a unha solución, 48 horas despois de chegar a un acordo sobre o modelo de competición, WS Europe retractouse e mantivo o formato de catro grupos de catro equipos cada un a unha única volta. A EHCA anunciou o 9 de setembro que os seus integrantes, doce equipos en total,[a] só xogarían a Liga Europea baixo o sistema que acordaran as partes. A máxima competición do hóckey a patíns europeo encontrábase nunha situación similar á que viviu o baloncesto europeo cando a Euroleague organizou o seu propio torneo á marxe da FIBA.[5]
Finalmente o sorteo da competición, celebrado o sábado 10 de setembro de 2021 na localidade portuguesa de Paredes, evidenciou a ruptura entre WS Europe e a EHCA, ao non presentarse ningún dos seus integrantes ao mesmo.[6]
A negativa dos grandes clubs europeos deu como resultado un feito histórico no hóckey a patíns continental, xa que por primeira vez na historia da máxima competición europea non houbo ningún equipo español e viu un formato reducido con tan só oito equipos de Francia, Italia, Portugal e Suíza.[6]
O número reducido de equipos obrigou a un formato reducido consistente nunha fase de grupos e unha final a catro. Na fase de grupos, os oito equipos participantes repartíronse en dous grupos de catro equipos cada un, xogando unha liguiña a dobre volta todos contra todos. A fase de grupos comezou o 23 de outubro de 2021 e finalizará o 9 de abril de 2022. Os dous primeiros clasificados de cada grupo clasifícanse para a final a catro que se disputará entre os días 14 e 15 de maio nunha sede a decidir.[7]
Equipos participantes
Fase de grupos
Grupo A
Clasificación
Partidos
Grupo B
Clasificación
Partidos
Notas
- Referencias
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas