Libro das alquimias é unha novela de Xesús Constela publicada en 2007, por Editorial Galaxia e estruturada en vinte e nove capítulos.
Argumento
Un rapaz que está a descubrir o mundo encontra de pronto, no local da antiga mercería que había no baixo da súa casa, a presenza dun vello e misterioso bibliotecario que sen que el se decate, e coa axuda dun pequeno libro de pastas vermellas e follas amareladas polo paso do tempo, vai cambiar a súa vida para sempre, porque da súa man e tamén da man dos libros que amorean sen orde nin concerto vai viaxar, nada máis e nada menos, que á creación e posterior destrución da Biblioteca de Alexandría.
Alí vai coñecer a Hipatia, a súa derradeira directora, morta sen piedade en mans dos monxes paraboláns que actuaban baixo as ordes de Cirilo de Alexandría dentro da onda de represión que acompañou a extensión do cristianismo.
O neno do principio vai medrando e acaba por ser un recoñecido escritor que entrega a súa vida á permanente procura dese vello a quen tanto debe.
Véxase tamén
Ligazóns externas