Lhosca Arias López, nado en Monforte de Lemos en 1970 e finado o 28 de setembro de 2023, foi un creador e animador galego.
Traxectoria
Estudou na Escola de Imaxe e Son da Coruña, primeiro operación de imaxe e son, e logo realización e produción de programas audiovisuais. En 1992, e dentro da escola, realizou a súa primeira obra experimental de videocreación, 'A mirada', inspirada en Sartre.[1] Como proxecto de fin de módulo produciu e debuxou 'Lumi', que está considerado o primeiro filme de stop motion e a primeira curta de animación[2] producida en Galicia (1994), que lle valeu para encetar o proxecto empresarial de Bandua Produccións. Estivo dirixindo esta produtora ata o ano 2000, cando tamén realizou o piloto de 'O visgo máxico', unha curta de animación, coproducida por Antón Reixa.
Anos despois desenvolveu unha serie de 26 epidosodios dun minutos de duración do personaxe do Carrabouxo (2007). Porén, a súa carreira profesional no século XXI virou[3] do audiovisual ao desenvolvemento web (e Bandua Produccións pasou a ser Bandua.net, e despois Emprender Conectando e Comunicar Conectando, respectivamente).[4] Estes proxectos, dos que foi director, tiñan a súa sede na comarca de Lugo.
Obra
- A mirada (1992).
- Lumi (1994).
- O visgo máxico (2000).
- O Carrabouxo (2007).
Vida persoal
Foi o fillo de Antón Arias Curto.[5] Viviu en Friol.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas