Levando áncoras (en inglés: Anchors Aweigh) é un filme musical estadounidense de 1945 dirixido por George Sidney, protagonizado por Frank Sinatra, Kathryn Grayson e Gene Kelly e con cancións de Jule Styne e Sammy Cahn. No filme, dous mariños cun permiso de catro días en Hollywood coñecen a un neno e a súa tía, unha moza aspirante a cantante á que os mariños intentan axudar a que consiga unha audición na Metro-Goldwyn-Mayer. Ademais dunha secuencia en que Kelly baila co rato Jerry, de Tom e Jerry, no filme aparecen José Iturbi, Pamela Britton, Dean Stockwell e Sharon McManus.[5]
Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 11 de xullo de 1990.[6]
Argumento
Dous mariños son condecorados polas súas accións de guerra na armada estadounidense. Joe (Kelly) salvou a vida de Clarence (Sinatra), polo que se sente en débeda por el, de xeito que Clarence, máis tímido e apoucado, consegue que Joe lle ensine a lograr unha moza da que se namora, a tía Susie (Grayson).
Personaxes
Produción
O filme foi escrito por Natalie Marcin e Isobel Lennart e dirixido por George Sidney. Foi o primeiro de tres filmes de compañeiros con Kelly e Sinatra, ao que seguiron Take Me Out To The Ball Game e On the Town, ambos de 1949. A produción tentou mesturar algúns dos elementos de máis éxito de filmes musicais anteriores da MGM, como Meet Me in St. Louis (1944).
O filme é lembrado polo número musical en que Gene Kelly baila sen interrupción co rato Jerry, ao que pon voz Sara Berner. O gato Tom aparece brevemente como un mordomo na secuencia supervisada por William Hanna e Joseph Barbera. A animación foi realizada totalmente por Kenneth Muse, Ray Patterson e Ed Barge. Orixinariamente, os produtores querían empregar a Mickey Mouse para a escena. Algunhas fontes indican que inicialmente Walt Disney aceptou prestou a Mickey, mais que Roy Disney rexeitou o acordo. Segundo o libro Bob Thomas sobre Roy Disney, o estudio tiña débedas despois da segunda guerra mundial e estaban centrados en estrear os seus propios filmes nese momento. Segundo Roy, non era un negocio realizar animacións para outras persoas.[7]
Notas
- ↑ Anchors Aweigh no American Film Institute Catalog
- ↑ Hanson, Patricia King, ed. (1999). The American Film Institute Catalog of Motion Pictures Produced in the United States: Feature Films, 1941-1950. Berkeley and Los Angeles: University of California Press. p. 71. ISBN 0-520-21521-4.
- ↑ 3,0 3,1 The Eddie Mannix Ledger. Los Angeles: Margaret Herrick Library, Center for Motion Picture Study. .
- ↑ "All-Time Top Grossers", Variety, 8 de xaneiro de 1964, páx. 69.
- ↑ Higham, Charles; Greenberg, Joel (1968). Hollywood in the Forties. Londres: A. Zwemmer Limited. p. 85. ISBN 978-0-498-06928-4.
- ↑ Programación de televisión
- ↑ Bob Thomas. "Building a Company: Roy O. Disney and the Creation of an Entertainment Empire." Finalmente, Disney emprestou o seu mago dos efectos Joshua Meador arranxar o filme da MGM de 1956 Forbidden Planet.
Véxase tamén
Bibliografía
- Monder, Eric (1994). George Sidney:a Bio-Bibliography. Greenwood Press. ISBN 9780313284571.