O alfabeto grego tal e como se le e escribe hoxe en día é o resultado de moitos séculos de evolución. Con todo a súa versión estándar non inclúe bastantes letras suplementarias.
En efecto, no correr dos séculos, este alfabeto foise "perfeccionando" (polo desenvolvemento da puntuación, a invención e a regularización do trazado das minúsculas) e adquiriu trazos particulares (como a existencia de variantes contextuais ─ para Σ sigma en minúscula: σ ou ς en fin de palabra ─, ou numerosas ligaduras).
Ao facer isto, letras frecuentes na Antigüidade foron abandonadas cando en -403 un dos alfabetos gregos foi adoptado en Atenas e logo se impuxo de feito no mundo helénico porque a lingua da cidade, base da koiné, non as precisaba. Outros caracteres (trazados secundarios dalgunhas letras e certas ligaduras tipográficas), utilizadas nos manuscritos e logo na imprenta, foron eliminadas entre o século XVIII e XIX, cando se quixo normalizar a escritura en Grecia.
Esta lista de caracteres "extensos" do alfabeto grego comprende, pois, á vez:
- letras antigas abandonadas tras a adopción do modelo xónico en -403 pero son a miúdo testemuñadas en epigrafía (o seu uso continuou, mutatis mutandis, na numeración alfabética):
- unha letra propia do bactriano, lingua indoirania escrita en alfabeto grego tras a conquista de Alexandre Magno (tras o século IV antes da nosa era):
- grafías secundarias manuscritas antigas (sobre papiro) ou medievais (en manuscritos) útiles para o paleógrafo:
- grafías secundarias tipográficas, entre elas as ligaduras:
- variantes libres dalgunhas letras (sobre todo minúsculas) ás veces tiradas de grafías manuscritas cursivas (máis ou menos antigas) ou (disque) propias dos usos tipográficos dalgunhas ciencias (matemáticas, astronomía):
- ϐ beta curvado (para β; serve en tipografía francesa do grego como variante contextual ao trazado común), ϵ épsilon lunar e ϶ épsilon lunar invertido (para ε), ϴ e ϑ theta aberto (para Θ e θ), ϖ pi curvado (para π), ϰ kappa cursivo (para κ), ϱ rho cursivo ou curvado (para ρ), ϲ sigma lunar e ͻ sigma lunar invertido, ϒ, ϓ e ϔ (para Υ, Ύ e Ϋ), ϕ phi pechado (para φ).
- caracteres utilizados en filoloxía comparada e no estudo diacrónico da lingua grega para transcribir fonemas que non se escribiron:
- yot: ϳ /j/ (fonema yod indoeuropeo, a miúdo transcrito como *y). Esta letra non é de orixe grega: é un j latino prestado, utilizado con todo en textos en grego para notar o fonema de orixe indoeuropea *y (en API: [j]). En efecto, o alfabeto grego tal e como se usa agora non permite escribir tal fonema, desaparecido cedo do dialecto grego xónico-ático que legou o modelo de alfabeto aínda en uso actualmente. Así, poderase notar a palabra chipriota ιϳατηραν nunha obra de lingüística ou de epigrafía grega por medio dun artificio filolóxico tal.
Limitámonos ao que Unicode permite codificar (na súa versión 5.2).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas