Les Revenants é unha serie de televisión francesa de drama sobrenatural creada por Fabrice Gobert. Está baseada no filme francés Les Revenants, dirixido por Robin Campillo. A serie estreouse o 26 de novembro de 2012 en Canal+ e consta de dúas tempadas, de oito capítulos cada unha. No ano 2013, a primeira tempada gañou un Emmy Internacional á mellor serie dramática.[1] A segunda tempada, estreouse o 28 de setembro de 2015 en Canal+,[2][3] e rematou o 19 de outubro de 2015.
No 2015, estreouse unha adaptación en lingua inglesa,[4] The Returned, mais foi cancelada despois da primeira tempada[5] rematando sen final.
Sinopse
Nunha pequena vila francesa de montaña reaparecen persoas mortas, aparentemente vivas e normais. Entre elas está a vítima dun accidente de autobús escolar, Camille, un noivo suicidado o día da súa voda, Simon, un neno pequeno chamado "Victor", e o asasino en serie Serge. Mentres tratan de recuperar as súas vidas, ocorren fenómenos moi estraños: caídas da electricidade, a baixada do nivel do encoro local, a presenza de animais mortos e a aparición de marcas no corpo dos vivos e dos mortos.
Personaxes
Principais
- Os "Regresados"
- Yara Pilartz como Camille Séguret
- Swann Nambotin como Victor/Louis Lewanski
- Pierre Perrier como Simon Delaître
- Guillaume Gouix como Serge Garrel
- Ana Girardot como Lucy Clarsen
- Laetitia de Fombelle como Viviane Costa
- Ernst Umhauer como Virgil
- Armande Boulanger como Audrey Sabatini
- Thomas Doret como Esteban Koretzky
- Mélodie Richard como Esther
- Michaël Abiteboul como Milan Garrel
- Outros
Recorrentes
- Laetitia de Fombelle como Viviane Costa
- Bertrand Constant como Bruno
- Matila Malliarakis como Frédéric
- Guillaume Marquet como Alcide
- Franck Adrien como Yan Sabatini
- Carole Franck como Mademoiselle Payet
- Armande Boulanger como Audrey Sabatini
- Ernst Umhauer como Virgil
- Laurent Capelluto como maior do exército
- Alice Butaud como Madame Lewanski
- Pauline Parigot como Ophélie
- Thomas Doret como Esteban
- Vladimir Consigny como Morgane
- Nicolas Wanczycki como Tenente Janvier
- Aurélien Recoing como Etienne Berg
Notas
- ↑ Roxborough, Scott (25 de novembro de 2013). The Hollywood Reporter, ed. "International Emmy Awards: French Zombie Series 'The Returned' Wins Best Drama". Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ "Les Revenants saison 2 entre en tournage". Canal+. 24 de setembro de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2014.
- ↑ Renault, Jean-Maxime (3 de setembro de 2015). Allocine, ed. "Les Revenants : tout ce qu'il faut savoir sur la saison 2...". Consultado o 4 de setembro de 2015.
- ↑ Abrams, Natalie (9 de xaneiro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "A&E sets premiere date for 'Bates Motel,' 'The Returned'". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 9 de xaneiro de 2015.
- ↑ Andreeva, Nellie (15 de xuño de 2015). Deadline.com, ed. "‘Bates Motel’ Renewed For 2 Seasons By A&E, ‘The Returned’ Not Coming Back". Consultado o 15 de xuño de 2015.
Véxase tamén
Ligazóns externas