Leptodactylus fallax, tamén coñecido popularmente como "polo das montañas", é unha especie de ra orixinaria das illas caribeñas de Dominica e Montserrat. A poboación declinou un 81% nos últimos dez anos e esta especie esta agora gravemente en perigo de extinción. En 2004 estimouse que a súa poboación estaba por baixo dos 8.000 exemplares.[1] Unha das súas principais ameazas é o consumo humano, xa que son uns animais moi aprezados na especialidade culinaria das ancas de ra. A doenza quitridiomicose tamén ten un efecto dramático na poboación.[2]
Distribución e hábitat
A especie distribuíase outrora en moitas das illas orientais do Caribe, mais no presente só habita en Dominica e Montserrat. Tamén estivo presente en Guadalupe, Martinica, Saint Kitts e Nevis, mais hoxe desapareceu deses lugares, e tamén é probable que habitase en Santa Lucía e Antiga. A especie foi introducida sen éxito en Xamaica e Porto Rico.[1] Hoxe, habita exclusivamente na montaña central do norte de Montserrat, perdendo gran parte do seu hábitat no resto da illa por mor das erupcións volcánicas, e no oeste de Dominica.[1][3] Tamén está presente no leste da illa de Dominica, mais a orixe da súa presenza alí non está clara e é probable que fose introducida.[3]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 John Fa, Blair Hedges, Beatrice Ibéné, Michel Breuil, Robert Powell, Christopher Magin. (2010). "Leptodactylus fallax". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2010: e.T57125A11586775. Consultado o 17 de decembro de 2015.
- ↑ Richard, Black (17 de marzo de 2009). "Fungus devastates 'chicken' frog". BBC News.
- ↑ 3,0 3,1 Daltry, J.C. (2002) Mountain Chicken Monitoring Manual. Fauna and Flora International, Cambridge, and the Forestry and Wildlife Division, Dominica.
Véxase tamén
Ligazóns externas