Leopoldo A. González Agís[1], chamado Poldo, ou Poldito para diferencialo do pai, nado en 1938 e finado en Sanxenxo o 3 de febreiro de 2014, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Leopoldo González Pombo, que xa fora alcalde de Sanxenxo en dúas ocasións, na década dos corenta e dos cincuenta, era persoa coñecida da vila de Portonovo. Delegado local do Instituto Social da Mariña[2], foi designado alcalde de Sanxenxo en 1973 en substitución de Miguel Ángel Botana. Coa caída da ditadura, e logo dun cesamento obrigado legalmente[2], González Agís presentouse ás primeiras eleccións municipais democráticas encabezando a candidatura da UCD e revalidou o seu cargo na alcaldía, posto onde permaneceu durante catro anos máis ata 1983, cando dimitiu no mes de febreiro. Durante esta lexislatura deulle algunhas competencias a concelleiros da oposición[2].
Ademais, foi secretario da confraría de pescadores de Portonovo e presidente da SD Portonovo, o club de fútbol. Durante varios anos disputouse un torneo de verán que leva o seu nome[3].
Obras
- Pinceladas de la historia, costumbres y tradiciones de Portonovo, 1996.
- Los cuentos del tío Ramón, 1999.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos