Leonardo Sánchez Deus, nado en Santiago de Compostela o 5 de setembro de 1832 e finado en Florencia en 1872, foi un escritor e revolucionario galego.
Traxectoria
Foi bautizado o 6 de setembro de 1832 na parroquia de San Xoán Apóstolo, co nome de Antonio Leonardo Sánchez Deus. Fillo lexítimo de Francisco Sánchez Rivadulla e María Deus Mato, residentes na Costa Nova. O pai era alguacil e morre aos 63 anos, o 6 de setembro de 1853. Os avós paternos eran da parroquia de Sar e a avoa materna aparece rexistrada como residente na parroquia de Buño; o avó materno consta como falecido no rexisto do bautismo.
Fillo dun loitador contra o absolutismo, abandonou os estudos de leis ao pouco de comezalos a consecuencia da morte do seu pai. Compaxinou as pasantías de latín coa actividade cultural e política xunto a Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Murguía e Aurelio Aguirre. A finais de 1856 abandonou Galiza e instalouse en Madrid. Participou na liberación de Sicilia e Nápoles. Trala derrota de 1862 en Aspromonte, foi detido. Liberado pola amnistía, cofundou con Delio Conti a Sociedade Democrática dos Traballadores. Fixo viaxes a España en 1863 e abril de 1864. Volveu a Italia e desapareceu da vida pública. Foi recluído no psiquiátrico de Florencia, onde promoveu a publicación Il Sottopancia.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas