Leonardo Santamarina

Modelo:BiografíaLeonardo Santamarina
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1912 Editar o valor en Wikidata
A Fonsagrada, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
New Brunswick, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsEnrique Santamarina Becerra Editar o valor en Wikidata

BNE: XX6352571

Leonardo Santamarina Becerra, nado na Fonsagrada o 7 de marzo de 1912 e finado en New Brunswick (Nova Jersey) o 12 de febreiro de 1987, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Graduouse como mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela. Traballou como mestre e estaba matriculado na Sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Incorporouse ao exército leal e traballou nas oficinas da sección de artillaría en Lorca. Chegou a ser capitán de Artillaría. Ao derrubarse a República exiliouse en Cuba onde traballou como mestre e doutorouse na Universidade da Habana. En 1945 marchou aos Estados Unidos de América onde foi profesor de Lingua e Literatura española no Douglass College de New Brunswick.

Vida persoal

Foi irmán do veterinario Enrique Santamarina Becerra, e tío do filólogo Antón Santamarina.

Véxase tamén

Bibliografía