A tecnoloxía da lente líquida propón substituír o plástico, ou vidro, de entre os materias máis comúns para a produción do obxectivo dunha cámara fotográfica por unha cápsula de almacenamento de líquido con axeitadas propiedades ópticas, por exemplo unha maior transparencia que os plásticos usados neste proceso de fabricación como o acrílico.[1]
Principio de funcionamento
Este líquido (auga) acumulado cunha alta tensión superficial presenta unha curvatura similar a dunha lente convencional. Cando se lle aplica tensión eléctrica dunha forma controlada esta curvatura cambia e polo tanto tamén se modifica o valor da súa distancia focal. Xa que esta tensión aplicada a dito líquido en estado estábel altera o seu enlace molecular nunha relación medíbel co seu nivel de curvatura[2]
A lente líquida sería capaz de lograr un sistema de autofoco sen intervención de elementos mecánicos.
Precedentes na industria
En 2004 Philips presentou unha lente líquida cilíndrica imitando as propiedades do ollo humano. En 2008 Varioptic fixo público unha serie de prototipos de lente líquida. A lente líquida 'Artic 316' obtiña un zoom de 7 centímetros sobre o infinito en menos de 30 segundos e cunha transmisión da luz visíbel do 97% [3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos