A lei de Pinault é unha regra fonolóxica protoindoeuropea que recibe o seu nome do indoeuropeísta francés Georges-Jean Pinault, que foi o seu descubridor.
Segundo esta regra, as laringais protoindoeuropeas desaparecen ante *y. Comparemos:
- PIE *krewh₂̥s 'carne crúa; sangue' > védico kravís, grego antigo κρέας (co reflexo regular da laringal silábica protoindoeuropea do védico -i- e grego antigo -α-).
- PIE *krewyo- > védico kravyás, lituano. kraũjas (sen -i- en védico, lituano con acento circunflexo e non co agudo que debería producir unha laringal).
Véxase tamén
Bibliografía