A lei de Okun, proposta polo economista Arthur Okun en 1962, dá unha correlación entre o crecemento do PIB e a taxa de desemprego.
Segundo a lei de Okun «a taxa de desemprego varía só un 1 % por cada cambio cíclico do 2 ou 3 % na produción, e sempre na dirección oposta».
Polo tanto:
- a maior produción, menos paro.
- a menor produción, máis paro.
(pero o incremento/decremento na taxa de desemprego é só a metade do incremento/decremento no PIB real).
Esta medida é só unha observación empírica, xa que non é posible demostrala. Okun baseouse en datos dos anos 1950, e ademais avisou que esta teoría só é efectiva cando a taxa de desemprego está entre o 3 e 7'5 %.
Ata o de agora, a regra cumpriuse na meirande parte de casos, e por iso é considerada como unha observación moi fiable en macroeconomía. A porcentaxe exacta depende do período e do país considerados, aínda que o normal é que estea ao redor do 2,5 % (entre 2 e 3). O feito de que o coeficiente non sexa predicible fai que algúns consideren esta regra como pouco axeitada.