Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Leboreiro.
Leboreiro é un lugar da parroquia de Seoane Vello, pertencente ó concello ourensán de Montederramo na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o Instituto Galego de Estatística[1], en 2015 tiña trece habitantes (sete homes e seis mulleres).
Xeografía
Pertence ao partido xudicial da Pobra de Trives. Dista 38 km de Ourense, 6 km de Montederramo, 12 km de Castro Caldelas e 34 km da Pobra de Trives. Pódese acceder a Leboreiro pola OU-536 desde Montederramo e desde Celeiros capital do concello de Chandrexa de Queixa.
No río Mao está o encoro de Leboreiro, e do outro lado do encoro está Vilariño Frío. Na aldea hai un castro sen escavar.
A economía de Leboreiro baséase na gandería e na agricultura.
Lugares e parroquias
Lugares de Seoane Vello
Parroquias de Montederramo
Notas