Santa María de Laxe é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Laxe na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.758 habitantes (883 homes e 875 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.752 habitantes.
A igrexa de Santa María da Atalaia foi declarada Ben de Interese Cultural no Consello da Xunta celebrado no 28 de xaneiro de 2021.[2]
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Laxe
Parroquias de Laxe
Notas
Véxase tamén
Outros artigos