Laurynas Birutis, nado o 27 de agosto de 1997 en Šiauliai, é un xogador profesional de baloncesto lituano. Cunha altura de 2,13 m xoga na posición de pivote para o BC Žalgiris Kaunas lituano.
Traxectoria profesional
O 24 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Birutis por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] No seu debut co Obradoiro na ACB, o 20 de setembro de 2020, Birutis foi elixido coma mellor xogador da xornada tras facer 27 puntos, 12 rebotes e 3 tapóns, para un total de 42 de valoración.[2] O 28 de setembro de 2020, Birutis foi elixido coma mellor xogador do mes de setembro da ACB.[3] O 4 de outubro de 2021, Birutis foi escollido por terceira vez co Obradoiro coma mellor xogador da xornada da ACB, tras facer 20 puntos, 12 rebotes e 4 tapóns, cun total de 30 de valoración, na vitoria do conxunto galego por 93-81 contra o Baloncesto Fuenlabrada.[4] Igualou desta forma a Kostas Vasileiadis, único xogador do Obradoiro ata ese intre en ser escollido tres veces coma mellor xogador da xornada da ACB.
O 10 de xuño de 2022, tras dúas tempadas co Obradoiro, Birutis asinou de novo co BC Žalgiris lituano.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas