Lar Galicián foi un periódico editado en Corrientes entre 1926 e 1927.
Historia e características
Subtitulado Folla Galeguista, apareceu o 1 de decembro de 1926. Era o órgano de expresión da sociedade homónima, estaba dirixido por unha muller, Valvanera Iglesias,[1] e tiña unha periodicidade quincenal. Escrita maioritariamente en galego, tiña como finalidade informar aos galegos de Corrientes e do norte da Arxentina sobre as actividades de Lar Galicián e animalos a facerse socios. Tamén incluíu artigos sobre Galicia e achegas literarias de colaboradores como Castelao, Wenceslao Fernández Flórez e Ricardo Barros Pintos xunto con poemas de Rosalía de Castro. O último número coñecido é o 4, que apareceu na primeira quincena de febreiro de 1927.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas