Lapa peixeira

A lapa peixeira[1] (Lepidochitona cinerea) é un molusco do xénero Lepidochitona que habita baixo das rochas e entre as algas no litoral europeo ata a illa de Bornholm, no Báltico.

Características

Pode chegar aos 24 mm [2] aínda que o habitual é que as súas dimensións estean entre 12 e 16 mm de longo[3]. Como nos outros quitóns, a súa cuncha, de forma ovalada, está formada por oito placas calcarias[4]. A cor é moi variable dende as máis abrancazadas ás máis pardacentas. As súas postas son de 1.500 ovos e as larvas saen tres ou catro días despois da fertilización[5].

Notas

  1. "Léxico básico das ciencias naturais". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2009. Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  2. Marine Species
  3. Piet Kaas et al. Monograph of Living Chitons: Mollusca: Polyplacophora. BRILL, 1985, páxina 85.
  4. Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt: Guía dos moluscos de Galicia. Editorial Galaxia, 1996, páxina 15.
  5. Piet Kaas et al. ob. cit., pp 22-23.

Véxase tamén

Outros artigos