A lagoa da Serpe é un espazo húmido de orixe glaciar, dentro do concello ourensán da Veiga. Sitúase dentro da Serra de Pena Trevinca, a 1.697 metros de altitude preto da aldea da Ponte.
A lenda
A tradición oral popular conta que na noite de San Xoán unha moza de longos cabelos negros aparece sentada nas rochas da ribeira da lagoa, tristeira e pensativa agarda que algún mozo se atreva a romper o maleficio e desfacer o encanto que a obriga a permanecer en forma de serpe o resto do ano.