Os laboratorios e centros técnolóxicos do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos son un sistema de instalacións e laboratorios supervisados polo Departamento de Enerxía dos Estados Unidos (DOE) para a investigación científica e tecnolóxica. Uns 16 dos 17 laboratorios nacionais reciben fondos fecerais e están administrados e operados por organizacións privadas baixo contrato co DOE.
Este sistema de laboratorios nacionais centralizados xurdiu a partir das investigacións e descubrimentos científicos levados a cabo durante a segunda guerra mundial , na que as novas tecnoloxías descubertas como o radar , o ordenador , a espoleta de proximidade e a bomba atómica resultaron ser decisivas para a vitoria dos Aliados . Durante os anos 1930 e 1940 o goberno estadounidense destinou grandes cantidades de recursos para as investigacións científicas relacionadas coa guerra, baixo o auspicio primeiro do Comité Nacional de Defensa e posteriormente da Oficina de Investigación Científica e Desenvolvemento , organizadas e administradas por Vannevar Bush .
Laboratorios nacionais
Mapa dos 17 laboratorios nacionais no ano 2014
en Pittsburgh, Pensilvania (1910)
en Morgantown, Virxinia occidental (1946)
en Sugar Land, Texas (2000)
en Fairbanks, Alasca (2001)
en Albany, Oregón (2005)
Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley * en Berkeley, California (1931)
Laboratorio Nacional de Los Álamos * en Los Álamos, Novo México (1943)
Laboratorio Nacional de Oak Ridge * en Oak Ridge, Tennessee (1943)
Laboratorio Nacional Argonne * en DuPage County, Illinois (1946)
Laboratorio Ames * en Ames, Iowa (1947)
Laboratorio Nacional Brookhaven * en Upton, Nova York (1947)
Laboratorios Nacionais Sandia * en Albuquerque, Novo México e Livermore, California (1948)
Laboratorio Nacional de Idaho * entre Arco e Idaho Falls, Idaho (1949)
Laboratorio de Física e Plasma de Princeton * en Princeton, Nova Jersey (1951)
Laboratorio Nacional Lawrence de Livermore * en Livermore, California (1952)
Laboratorio Nacional Savannah River * en Aiken , South Carolina (1952)
Laboratorio Nacional do Acelerador SLAC * en Menlo Park, California (1962)
Laboratorio Nacional do Pacífico Noroeste * en Richland, Washington (1965)
Laboratorio Nacional do Acelerador Fermi * en Batavia, Illinois (1967)
Laboratorio Nacional de Enerxía Renovable * en Golden, Colorado (1977)
Instalación Nacional do Acelerador Thomas Jefferson * en Newport News, Virxinia (1984)
Centros tecnolóxicos
A maiores Knolls opera o sitio Kenneth A. Kesselring en Milton, Nova York
* Pertencente ó goberno, operada por institución privada
** Pertencente ó goberno, operada polo goberno
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas