O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) é un centro tecnolóxico cuxa principal actividade é dar servizo ao tecido industrial galego en materia de metroloxía e calibración. Está situado no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en San Cibrao das Viñas.
Ademais de desempeñar a súa misión de centro de referencia de metroloxía e calidade dende hai máis dunha década, nos últimos anos comezou un intenso programa de desenvolvemento de proxectos de I+D+i.
O LOMG centra as súas actividades en tres grandes áreas: