Laberinto de pasiones é unha película de 1982 escrita e dirixida polo director de cine español Pedro Almodóvar.
Neste segundo traballo que dirixiu Almodóvar, este segue o seu estilo irreverente, utilizando desta vez o universo underground da época tamén nas escenas musicais. Trátase dunha comedia onde o propio Almodóvar fai unha actuación.