La ley innata

La ley innata
Álbum de Extremoduro
Publicado9 de setembro de 2008
Duración45:08
Xénero(s)Rock
Selo(s)DRO
ProdutorIñaki "Uoho" Antón
Cronoloxía
Grandes éxitos y fracasos
2004
La ley innata Material defectuoso
2011
editar datos en Wikidata ]

La ley innata é o título do noveno álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, producido por Iñaki “Uoho” Antón, gravado e publicado por DRO no 2008.

Apareceu o 9 de setembro de 2008, aínda que a primeira canción, "Dulce introducción al Caos", levaba meses colgada na súa web, e o tema que a seguía, "Primer movimiento: el Sueño", fora tocado nos concertos da xira de 2008.

Desde o seu lanzamento foi un grande éxito de vendas. Na semana da súa estrea logrou ser o disco máis vendido en España. Tras unha semana no número un (superando a Metallica na semana do lanzamento de ambos discos), mantívose as dúas semanas seguintes no segundo posto, só superado por Melendi.

Trátase dun disco composto dunha soa canción dividida en seis partes ben diferenciadas en pistas independentes. A idea dun disco dunha soa canción xa a levaran a cabo no disco Pedrá (1995), aínda que sen partición de pistas.

É curiosa a "Coda flamenca (otra realidad)", primeiro tema no que Robe, líder da banda, decide empregar ese xénero musical tan propio do sur de España. Ademais, adiantou parte desta canción no concerto de Sevilla da xira anteriormente citada.

Por outro lado, a pista "Tercer movimiento: lo de dentro" está considerada a parte máis guitarreira do disco, ademais de ser a máis representativa do son de Extremoduro nun álbum con certos toques experimentais dentro dos cales destaca o uso dunha orquestra baixo a dirección de Ara Malikian.

Na portada do disco aparece unha frase en latín que garda unha estreita relación co título do álbum: "Est enim iudices haec non scripta sed nata lex quam non didicimus accepimus legimus uerum ex natura ipsa arripuimus hausimus expressimus ad quam non docti sed facti non instituti sed imbuti sumus", atribuída a Cicerón, aparecendo a tradución no interior do disco "Existe, de feito, xuíces, unha lei non escrita, senón innata, a cal non aprendimos, herdamos, limos, senón que da mesma natureza a tomamos, espremimos, apuramos, lei para a que non fumos educados, senón feitos; e na que non fomos instruídos, senón empapados".[1]

Lista de cancións

Rock transgresivo
Título Duración
01 "Dulce introducción al caos" 7:42
02 "Primer movimiento: el sueño" 6:03
03 "Segundo movimiento: lo de fuera" 11:43
04 "Tercer movimiento: lo de dentro" 7:36
05 "Cuarto movimiento: la realidad" 5:49
06 "Coda flamenca (otra realidad)" 6:14

Notas

  1. Libreto de La ley innata (portada e última páxina), Extremoduro, DRO, Warner Music España, 2008.