La Voz del Pueblo foi un semanario editado en Viveiro entre 1926 e 1927.
Historia e características
Apareceu o 6 de xaneiro de 1926. Semanario independente, proclamábase Defensor del Progreso y Bienestar de la Comarca Vivariense. Fundado e dirixido por Esteban Fernández Temprano, imprimíase nos seus propios talleres tipográficos coa axuda dos seus fillos, Andrés e Benigno. Entre os seus colaboradores figuraron Jesús Noya González, Modesto Grandío Parapar e José Vázquez. O último número editouse o 13 de febreiro de 1927.
Véxase tamén
Bibliografía