La Unión Ibérica foi un periódico editado na Habana en 1919.
Historia e características
Semanario que apareceu o 20 de setembro de 1919. Dirixido por Jerónimo Figueroa Domenech, entre os seus colaboradores figuraba "Fray Jerónimo". O seu programa era defender os emigrantes españois e atacar o rexionalismo. Tiña como lema "Una Patria (España), un Ideal (la Unión), una Raza (La Ibérica) y un Idioma (El Español)". Publicou algúns textos literarios. Tivo unha duración breve.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos