La Unión Galaica foi un semanario que se editou en Lisboa entre 1895 e 1896.
Historia e características
Subtitulado Semanario defensor de los intereses generales de la colonia gallega, apareceu en 1895. Dirixido por Ricardo Miser. Incluía novas sobre Galicia e España, referencias á situación internacional e información das actividades da emigración galega na capital lusa. Entre os seus colaboradores figurou Víctor Silva Posada. Aínda se publicaba en novembro de 1896[1].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas