Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La República.
La República foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1911.
Historia e características
Órgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, apareceu o 14 de outubro de 1911. Fundado por César Alvajar, estaba dirixido por Manuel de Pedre Prego. O redactor-xefe era Xaime Quintanilla Martínez, e os outros redactores o propio César Alvajar e Ramón Fernández Mato. Editábase na imprenta de El Eco de Arosa de Vilagarcía e a partir do número 6 pasou á imprenta viguesa de A. Fariña. Foi denunciado polo Fiscal Eclesiástico en novembro de 1911 por escarnio á Relixión e ao dogma católico,[1] sufriu rexistro e incautación de exemplares.[2]. Parece que cesou a súa publicación co número 8, que apareceu o 10 de decembro.
Notas
- ↑ Noticiero de Vigo, 13-11-1911, p. 3.
- ↑ Diario de Galicia, 22-11-1911, p. 2.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos