La Región Gallega foi un xornal rexionalista liberal que se editou en Santiago de Compostela en 1886.
Historia e características
Subtitulado Diario político independiente de intereses materiales y morales de Galicia, tiña como lema Todo por Galicia y para Galicia. Apareceu o 1 de outubro de 1886. Fundado por Faustino Orantes, que era o seu propietario, esta dirixido por Manuel Murguía. Sostivo o ideario rexionalista; publicou unha serie de artigos de Murguía baixo o título "¿Qué es nación?". Mantivo polémicas con El Correo Gallego e El Clamor del País. Cesou a súa publicación a mediados de decembro de 1886.[1]
Notas
- ↑ Gaceta de Galicia, 23-12-1886, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos