A Real Maestranza de Caballería de Sevilla, ou La Maestranza, é a praza de touros máis antiga de España e está situada na cidade de Sevilla.
É a sede das corridas de touros que se realizan durante a Feira de Abril da cidade, unha das festas taurinas máis importantes. É un importante centro de atracción turística da cidade e está entre os momumentos máis visitados de Sevilla.
Construída orixinalmente en madeira en 1733, leváronse a cabo as obras de construción da actual entre 1749 e 1881, ano en que quedou completamente pechada.