Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La Justicia.
La Justicia foi un semanario editado en Caldas de Reis en 1919.
Historia e características
Subtitulado Semanario defensor de intereses morales y materiales de su distrito, apareceu o 18 de maio de 1919. Dirixido por Alejandro Mareque era defensor da política do deputado polo distrito Bernardo Mateo Sagasta.[1][2] O último número coñecido é o 4, aparecido o 2 de novembro de 1919.
Notas
- ↑ Galicia Nueva, 16-5-1919, p. 2.
- ↑ El Progreso, 17-5-1919, p. 3.
Véxase tamén
Outros artigos