La Gioconda (copia do Museo do Prado)

La Gioconda
ArtistaAnónimo
Data1506-1519
TécnicaPintura ó óleo
Dimensións76,3 cm × 57 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

A copia de La Gioconda é unha pintura realizada ó óleo a comezos do século XVI e conservada dende 1819 no Museo do Prado de Madrid. A primeira referencia documental é a feita en 1666 nun inventario despois da morte do rei Filipe IV. A obra repite de xeito moi preciso o famoso cadro de La Gioconda, obra mestra do pintor italiano Leonardo da Vinci exposta no Museo do Louvre. A súa restauración e estudo fixéronse logo dunha petición para participar na exposición L'ultime cher-d'oeuvre de Léonard de Vinci, la Sainte Anne a finais de marzo de 2012 no Louvre. Esta considerada como a copia máis importante de La Gioconda de Leonardo. Esta nova foi publicada por vez primeira a comezos de febreiro de 2012 en The Art Newspaper, onde o estudoso Martin Bailey afirmaba que era a primeira copia xamais feita de La Gioconda.[1]

Notas

  1. Bailey, Martin (1 de febreiro de 2012). The Art Newspaper, ed. "Earliest copy of Mona Lisa found in Prado" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas