Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
La Crónica.
La Crónica foi un periódico editado en Pontevedra entre 1872 e 1873.
Historia e características
Subtitulado Periódico progresista democrático y órgano del Comité abolicionista de esta capital, apareceu en outubro de 1872. Fíxose eco do comité antiescravista creado en Madrid en novembro de 1868. Fundado e dirixido por Augusto E. Lorenzana. Entre os seus colaboradores figuraron Indalecio Armesto, Federico Sainz e Francisco M. González. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Andrés Landín. En febreiro de 1873 refundiuse con La República.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos