La Coruña Unida

La Coruña Unida
Dirixentes e organización
LíderJoaquín López Menéndez
Historia
Fundación1983
Disolución1987
Representación
Concelleiros na Coruña5 (1983)

La Coruña Unida foi unha formación política coruñesa de ámbito local xurdida en 1983 co fin de reivindicar a capitalidade galega por parte da cidade da Coruña en detrimento de Santiago de Compostela durante a etapa coñecida como Transición.[1]

Historia

O seu fundador e máximo dirixente foi o exalcalde Joaquín López Menéndez que, tras abandonar UCD ao non acadar apoios abondos para manter a capitalidade autonómica na Coruña, se presentou ás eleccións municipais do ano 1983 á fronte deste partido. O resultado foi de cinco edís, insuficientes para contrarrestar xunto coa Coalición Popular a maioría absoluta obtida polo PSdeG-PSOE, que tiña a Paco Vázquez á fronte. CP renunciou a presentar formalmente candidato á alcaldía e os seus oito concelleiros votaron en branco[2].

Véxase tamén

Outros artigos

Notas

  1. Conde Muruais, Perfecto (21 de abril de 1978). "Santiago y La Coruña se disputan la capitalidad de Galicia". El País (en castelán). 
  2. Gutiérrez, José Manuel (2 de xuño de 2013). "El nacimiento de un mito político". La Opinión (en castelán).