La Cítara foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1882 e 1883.
Historia e características
Subtitulada Revista semanal científico-literaria, apareceu a principios de abril de 1882.[1][2] O propietario e director era Néstor Pardo Torrentera. Entre os seus redactores figuraron Máximo Leyes Posse (até agosto)[3] e Lisardo Barreiro. En xaneiro de 1883 foi denunciada ante os tribunais polo Fiscal de Imprenta da Coruña.[4]
Notas
- ↑ Gaceta de Galicia, 20-3-1882, p. 2.
- ↑ La Correspondencia de España, 6-4-1882, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 17-8-1882, p. 2.
- ↑ El Papa-Moscas, 21-1-1883, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos