Lilo ("Linux Loader") é un xestor de arranque de Linux que permite iniciar este sistema operativo xunto con outras plataformas no mesmo ordenador. Foi desenvolvido inicialmente por Werner Almesberger, actualmente está a cargo de John Coffman.
O iniciar o sistema LILO soamente pode acceder aos drivers da BIOS para acceder o disco duro. Por esta razón nas BIOS antigas a área de acceso está limitada aos cilindros numerados de 0 a 1023 dos dous primeiros discos duros. En BIOS posteriores LILO pode utilizar sistemas de acceso de 32 bits permitíndolle acceder a toda a área do disco duro.
Nas primeiras distribucións de Linux LILO era o xestor de facto utilizado para arrancar o sistema. Na actualidade é unha segunda opción en favor do xestor de arranque GRUB.
lilo.conf
O arquivo "lilo.conf" adoita localizarse en /etc/lilo.conf. Dentro de lilo.conf pódese atopar dúas seccións. A primeira sección, que define opcións globais, contén parámetros que especifican atributos sobre a localización do cargador. A segunda contén parámetros asociados as imaxes do sistema operativo que van ser cargadas.