L'Arrivée d'un train en gare de La Ciotat é un filme francés mudo e en branco e negro que foi dirixido e producido polos irmáns Lumière. Foi estreado publicamente en xaneiro de 1896.
Sinopse
É unha curta de 50 segundos que amosa a chegada dun tren de locomotora na estación da vila de La Ciotat. Como moitos dos primeiros filme dos Lumière, L'arrivée d'un train en gare de La Ciotat consiste nunha única vista sen editar que ilustra un aspecto da vida cotiá. Non hai movementos intencionais de cámara e o filme enteiro é un toma continua sen cortar.
Véxase tamén
Ligazóns externas