Os lótidos (Lotidae) son unha familia de peixes osteíctios da orde dos gadiformes,[1] que comprende especies case exclusivamente mariñas (só é dulciacuícola a especie Lota lota, que habita en ríos circumpolares do norte).[1]
Características
De corpo alongado, teñen entre unha e tres aletas dorsais, pero só unha aleta anal, e sempre presentan barbelas no mento, de onde procede o nome común de moitas das súas especies (barbadas).[1]
Taxonomía
A taxonomía da familia é discutida, xa que algúns autores negan a súa existencia, incluíndo o grupo, como sunbfamilia lotinos (Lotinae) dentro da familia dos gádidos (Gadidae),[2] na que só inclúen tres xéneros:[3]
Mentres que, para outros, é unha familia independente, na que se consideran un total de 23 especies válidas, agrupadas en 6 xéneros:
ademais dos anteriormente citados.[7]
O SIIT inclúe a todos os xéneros na familia dos Gadidae:
- Na subfamilia dos Lotinae aos xéneros:
- Na subfamilia dos Phycinae a:
- Ciliata
- Enchelyopus e
- Gaidropsarus.[8]
En Galicia
Nas augas costeiras galegas están citadas as seguintes especies:[9][10]
- Xénero Ciliata
- Xénero Gaidropsarus
- Xénero Molva
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
Ligazóns externas