Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
O láudano[1] (do latín antigo abdanum, este do latínladănvm / ladanu, e á súa vez do grego antigo λάδανον) é unha tintura de opio preparada por primeira vez por Paracelso.[2]
Utilizábase para diminuír calquera tipo de dor e tamén contra a diarrea (receita que aínda se utiliza nalgúns casos). O seu ingrediente activo é a morfina, pero tamén contén codeína e narcotina[4]; este último non ten propiedades narcóticas e, en cambio, é antitusivo e tamén provoca molestias estomacais e vómitos.
↑"Pipa para opio". historia.nationalgeographic.com.es(en castelán). 2013-11-08. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-30.