Kálmán Mészöly, nado en Budapest o 16 de xullo de 1941 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 2022,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol húngaro que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria
Como futbolista desenvolveu toda a súa carreira no Vasas SC e na Selección de fútbol de Hungría. Unha vez retirado tivo unha ampla traxectoria como adestrador, dirixindo a selección en tres períodos, ao Vasas SC e ao Fenerbahçe SK entre outros. Con este útlimo chegou a oitavos de final da Liga de Campións e coa selección quedou eliminado na primeira rolda do Mundial de Fútbol España 1982.
Participacións coa selección de Hungría
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas