Kymis
|
Información xeral
|
Nome
|
Gymnastikos Syllogos Kymis
|
Liga
|
A1 Ethniki
|
Fundación
|
2010
|
Cores
|
Azul, branco, amarelo
|
Presidente
|
Alexandros Theodorou
|
Adestrador
|
Giannis Kastritis
|
Localización
|
Cidade
|
Kymi, Grecia
|
Pavillón
|
Pavillón Nikos Marinos
|
Capacidade
|
1.100
|
Campionatos
|
A2 Ethniki
|
1 (2016)
|
gskimis.gr
|
O Gymnastikos Syllogos Kymis (en grego: Γυμναστικός Σύλλογος Κύμης), coñecido en inglés como Kymis B.C., é un equipo profesional de baloncesto grego da localidade de Kymi, na illa de Eubea. Fundado no ano 2010, o club compite actualmente na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki. O emblema do equipo é a deusa grega Atenea.
Historia
O Gymnastikos Syllogos Kymis foi fundado en 1893, estando considerado como o máis antigo club deportivo de Grecia. Aínda que a actividade da primeira sociedade ximnástica de Kymi non perdurou moito no tempo (1893-1907). No ano 2010, un grupo de propietarios de Kymi refundaron o club, buscando que fose unha continuación do antigo equipo, mantendo o emblema orixinal no que aparecía a deusa Atenea.[1] Comezou en categorías rexionales, mais tardou pouco en asentarse no baloncesto nacional, e desde 2013 comeza a ascender ano tras ano de categoría, chegando no ano 2016 até conseguir o primeiro posto na liga regular da A2 Ethniki, o que lle deu o ascenso á máxima categoría do baloncesto heleno, a A1 Ethniki.[2]
Palmarés
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas