KrioRus é unha empresa rusa que presta servizos na área da Criónica e Criopreservación. Ofrece a posibilidade de criopreservación neuronal ou criopreservación de corpo enteiro e incluso ofrece a posibilidade de criopreservación de ADN.
Ata agosto de 2011, a KrioRus xa crioxenizara 17 pacientes humáns[1], 2 gatos[2], 4 cans e 2 paxáros.
Historia
A KrioRus foi fundada en 2005 na área de Moscova, por oito crionicistas rusos. A súa primeira paciente foi Lidia Fedorenko Ivanovna, un caso que se fixo famoso en toda Rusia ao ser mantida durante meses en xeo seco (-80 graos), ata a creación de KrioRus.
Instalacións
Actualmente as súas instalacións de almacenaxe a longo prazo están situadas en Alabushevo, nas aforas de Moscova.
Organización
En 2011, KrioRus estaba composta por:
[3]:
Servizos
KrioRus ofrece a posibilidade de criopreservación de humáns e animais.
Existe a posibilidade de criopreservación neuronal (só a cabeza) cun custo de 10.000 dólares ou criopreservación de corpo enteiro cun custo de 30.000 dólares[4]. A criopreservación de animais, depende do seu tamaño, pero ten un custo medio de 5.000 dólares. Existe tamén a posibilidade de criopreservación de ADN.
A KrioRus presta servizos a persoas de todo o mundo. Xa foron crioxenados varios pacientes ao longo de Europa, desde Portugal a Ucraína entre outros.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas