Kosmos 142 (Космос 142 en ruso), tamén denominado DS-U2-I Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 14 de febreiro de 1967 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]
Características
Kosmos 142 foi o segundo membro do modelo de satélites DS-U2-I. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e investigar como se propagan as ondas de radio VLF pola mesma, labor comezada co seu predecesor Kosmos 119 e continuada polo seu sucesore, Kosmos 259. Kosmos 142 foi inxectado nunha órbita inicial de 1362 km de apoxeo e 214 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 100,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 6 de xullo de 1967.[1][3][6]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 142" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 142" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 7 April 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (67-08090). 12 de abril de 1967: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Kosmos 142" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "DS-U2-I" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2012.
- ↑ "Lanzamiento del «Cosmos 142»" (PDF). 15 de febreiro de 1967: 14. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. Consultado o 2 de setembro de 2012.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos