Kosmogonías é o título do quinto disco de Berrogüetto, publicado o 26 de abril de 2010 e que ten a novidade de ser o primeiro no que a formación galega conta con Xabier Díaz como cantante.
Composto por once cancións, Kosmogonías mantén o seu estilo tan persoal e definido por Berrogüetto dende os seus inicios. Innovadores dende o seu primeiro traballo, este último disco supón unha colección de sons orgánicos, un traballo delicado onde se plasma a alma de Berrogüetto a través da súa especial concepción musical. Xunto á súa acostumada sensibilidade, atopamos as colaboracións de escritores como Rosa Aneiros ou Manuel Rivas, quen cedeu un dos seus poemas como letra de Alalá da noite.
Lista de cancións
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"Alalá da Noite" | |
4:34 |
2. |
"Astrea" | |
2:20 |
3. |
"Igneominea" | |
4:24 |
4. |
"Líridas de Abril" | |
4:20 |
5. |
"Planeta Can" | |
5:06 |
6. |
"Cantar de Camiño" | |
4:54 |
7. |
"Nadir" | |
4:41 |
8. |
"Meirol" | |
4:24 |
9. |
"Ataque de Jota" | |
5:04 |
10. |
"Caneta de Poeta" | |
4:30 |
11. |
"Esfericantus" | |
4:33 |
Véxase tamén
Ligazóns externas