Kevin Jermaine Ollie, nado en Dallas (Texas) o 27 de decembro de 1972, é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Xogou en once franquías da NBA en trece tempadas. Actualmente é adestrador asistente do equipo de baloncesto masculino dos UConn Huskies da Universidade de Connecticut.
Traxectoria profesional
Ollie foi ao Crenshaw High School nos Ánxeles (California)[1]. Despois estivo catro tempadas (1991-95) xogando para a Universidade de Connecticut. Tras rematar o seu período universitario, uniuse aos Connecticut Pride da Continental Basketball Association, onde xogou 2 dúas tempadas (1995-97). Despois diso, dende a tempada 1997-98, pasou 13 tempadas na NBA con 11 equipos diferentes (nalgún deles en varias ocasións).
Na tempada 2005-06, Ollie tivo o rol de titular nos Sixers co adestrador Maurice Cheeks. Os Minnesota Timberwolves fixeron capitán do equipo a Ollie durante a tempada 2008-09. Foi despois fichado polos Oklahoma City Thunder o 1 de agosto de 2009. Tras esa tempada, Ollie retirouse e uniuse aos UConn Huskies coma adestrador asistente.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas