Kevin Bua Roman, nado o 11 de agosto de 1993 en Xenebra, é un futbolista profesional suízo de ascendencia galega que xoga como centrocampista para o CD Leganés da Liga SmartBank.
Traxectoria
É fillo dun galego e unha zamorana.[1] Seu pai, Ángel Búa, xogara no filial do Celta de Vigo ata que xunto con seus pais colleu o camiño da emigración cara a Suíza. Alí traballou como condutor de autobuses en Xenebra, onde naceu Kevin.[2]
Comezou a formarse como futbolista dende os 14 anos co Servette FC, Étoile Carouge FC, FC Plan-les-Ouates (onde o adestrador era seu pai), FC Lancy-Sports e co FC Vernier, até que finalmente en 2013 debutou como futbolista profesional co Servette FC na Challenge League, xogando 51 partidos de liga e 4 de copa, cun total de seis goles. Logo de dúas tempadas fichou polo FC Zürich,[3] para xogar na Super Liga suíza, disputando un total de 30 partidos de liga na súa primeira tempada no club. Co descenso do Zürich a final de tempada, o FC Basilea aproveitou a oportunidade de fichar a Kevin Bua. En xaneiro de 2017 anotou o seu primeiro gol co club.
Notas