Ken Richardson

Modelo:BiografíaKen Richardson
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1911 Editar o valor en Wikidata
Bourne, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xuño de 1997 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Bourne, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

William Kenneth "Ken" Richardson, nado en Bourne (Lincolnshire) o 21 de agosto de 1911 e finado na mesma vila o 27 de xuño de 1997, foi un piloto de automobilismo inglés. Competiu nunha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Traxectoria

Richardson comezou como enxeñeiro para British Racing Motors[1] antes de converterse no piloto de desenvolvemento principal do Proxecto V16 de BRM a principios de 1950. Presentouse polo equipo para conducir o BRM 15, equipado co motor V16, no Gran Premio de Italia de 1951.[2] Cualificou o coche no 10º lugar, mais non foi autorizado a iniciar a carreira cando se descubriu que non posuía a licenza de carreiras correcta, debido á súa falta de experiencia[2][3] non fixo outro intento de entrar nunha carreira do Mundial de Fórmula 1.

Resultados completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
1951 BRM Ltd BRM P15 BRM V16 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA
NTS
ESP NC 0

Notas

  1. Jenkins, Richard. "Where are they now: Ken Richardson". Old Racing Cars. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Ken Richardson profile". ESPN F1. ESPN. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 
  3. "Skullduggery and farce but Ascari sets up a grand finale". ESPN F1. Consultado o 19 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén